Prazas vacantes curso 2015/16
A Escola de Música Bernardo del Río abre un prazo de dous días para que as persoas interesadas en acceder ao ensino musical poidan acceder ás 19 vacantes que quedan no centro para o curso que está a piques de comezar. Tras o primeiro período de matrícula, quedan prazas en Iniciación á Música, en Corda, Vento Madeira, Vento Metal e Frauta Traveseira. As solicitudes deberán achegarse o luns 14 e o martes 15 de setembro.
11.09.2015.- As 19 vacantes repártense de xeito que no primeiro curso de Iniciación á Música (para nenos de 3 anos) disponse de 4 prazas, mentres que en cada unha das especialidades de corda, vento madeira e vento metal hai 5 vacantes.
Por último, aínda quedan dous postos en frauta traveseira.
A reserva de praza e matrícula deberá realizarse na secretaría da escola de Música o luns 14 en horario de 16 a 20 horas e o martes 16 de 10 a 13:30 horas. Para cubrir o impreso de matrícula fará falta presentar un documento que acredite o número de conta onde se domiciliarán as cotas do servizo e o DNI do titular da conta bancaria.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de rexistro na secretaría do centro.
Grazas