Actividades 2º trimestre
-«Concerto das Bandas Infantil e Xuvenil», mércores 15 de febreiro, 19:00h sala de concertos Escola de Música.
-«Concerto dos Alumnos do Conservatorio de Vilagarcía», martes 21 de febreiro 18:30h. Sala de concertos Escola de Música.
-«Festival de Danzas do Mundo», para os alumnos de Música e Movemento de 4 e 5 anos.
– mércores 22 de febreiro, alumnos de 4 anos, 19:30h. Sala de concertos E.M.
– xoves 23 de febreiro, alumnos de 5 anos, 19:30h. Sala de concertos E.M.
-«Semana de audicións instrumentais», do 20 ao 24 de marzo, todas as especialidades instrumentais ofrecen audicións abertas ao público.
-«Concerto Clausura do Trimestre», dedicado ás bandas sonoras máis famosas do cine infantil, fantástico e de aventuras. Tamén haberá un apartado para recordar a figura do Rei do Rock, Elvis Presley.
O repertorio está adaptado polos profesores e estará interpretado polas distintas agrupacións instrumentais da escola; Combo Moderno, Ensamble de Guitarras, Grupo de Corda, Grupo de Percusión, Ensamble de Frautas, Grupo de Clarinetes e Ensamble Mixto.