16 abril 2018 ~ 0 Comments

Calendario matriculación Curso 18/19

PREINSCRICIÓN NOVO ALUMNADO, CURSO 2018/2019

A preinscrición é obrigatoria para todas aquelas solicitudes de novo ingreso.

O período de matriculación para o curso 2018/2019 na Escola de Música comeza en abril, entre o 16 e o 27, pódense recoller os impresos e obter toda a información.

En maio/xuño, do 21 de maio ata o 1 de xuño, entregaranse as solicitudes de novo ingreso na secretaría do centro ou no seguinte correo escolamusica@vilagarcia.gal.

Para acceder aos cursos de  Música e  Movemento, os nenos/as  terá cumpridos os  anos antes do 1 de xaneiro de 2019, consulta a seguinte táboa:

2015 Iniciación á Musica (3 anos)
2014 Música e Movemento 4 anos
2013 Música e Movemento 5 anos
2012 Música e Movemento 6 anos
2011 Música e Movemento 7 anos

As prazas do novo alumnado outorgaranse en función do número de vacantes, e no caso de haber máis solicitudes que vacantes, a prioridade será a seguinte:

1.- Aqueles solicitantes que teñan familiares directos (irmáns e pais) matriculados no centro.

2.- A letra de corte para os apelidos que estableza a Xunta de Galicia, segundo establece a Orde do 12 de marzo do 2013, DOG do 15 de marzo polo que se regula a admisión do alumnado nos centro docentes sostidos con fondos públicos. Este ano corresponde as letras “Z” e “T” para o primeiro apelido e “C” e “J” para o segundo.

Todos/as aquele/as solicitantes que non consigan praza, quedarán automaticamente no listado de espera, para cubrir posibles baixas que se produzan durante os primeiros tres meses del curso lectivo.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA ALUMNADO NOVO INGRESO

O día 21 de xuño, publícanse no taboleiro de anuncios, páxina web e facebook, os alumnos admitidos para novo ingreso.Finalmente, a matrícula realizarase os días 25 e 26 de xuño na secretaría da escola de música. A documentación necesaria é a seguinte:

• Solicitude en modelo específico debidamente cumprimentado. No caso de alumnas/os menores de idade a solicitude deberá ir asinada pola nai, pai, ou persoas que representen legalmente a/o menor.

• Fotocopia do DNI da persoa interesada maior de idade, ou da nai ou pai, ou persoas que representen legalmente á nena ou neno no caso de menores de idade,certificación bancaria da conta onde se desexe domiciliar o pago dos recibos pola utilización do servizo municipal da escola municipal de música, onde apareza titular e número de conta.

RENOVACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2018/2019

(O mestre titor entregará o impreso do 28 de maio ó 1 de xuño)

As datas de renovación de matrícula,serán na semana do 11 ao 15 de xuño, non admitíndose ningunha matrícula presentada fora de prazo.

Por necesidades do centro, poderanse admitir novas matrículas, previo anuncio no taboleiro e na páxina web, do novo prazo (setembro).

Poderán renovar matrícula todos aqueles alumnos que:

– Estivesen matriculados durante o curso anterior.

– Non teñan recibos pendentes.

Os alumnos que no renoven a matrícula no prazo establecido, considerarase que causan baixa con perda de todos os dereitos.

Unha vez pechado o prazo para os antigos alumnos, abrirase o prazo de matrícula para os alumnos novos.

Comments are closed.