Obras de mellora da Escola
Aprobadas as obras de mellora da Escola de Música, cun presuposto de 218.000 euros e un prazo de catro meses.
A Deputación de Pontevedra comunicou ao alcalde, Tomás Fole, que a Xunta de Goberno da entidade provincial aprobou na súa última sesión as obras de mellora da Escola Municipal de Música. O proxecto foi redactado polos técnicos municipais, ten un presuposto de 218-493 euros e un prazo de execución de catro meses. As obras forman parte do convenio subscrito polo alcalde e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o pasado mes de setembro.
Páxina do Concello de Vilagarcía