31 enero 2012 ~ 0 Comments

Obradoiro de Guitarra Flamenca

OBRADOIRO DE GUITARRA FLAMENCA

Dende a Escola de Música Municipal queremos fomentar a formación complementaria de guitarristas, xa sexan profesionais, semiprofesionais ou amateurs, para que teñan unha visión máis ampla do seu instrumento, por iso o mestre de guitarra Xosé Piñeiro pon en marcha un novo obradoiro orientado ó coñecemento do Flamenco.

O mestre Xosé Piñeiro é licenciado en guitarra clásica polo Conservatorio do Liceo de Barcelona, onde tamén cursou o nivel superior de Flamenco no citado Conservatorio co mestre concertista e pedagogo Manuel Granados. Ademais formou parte da Orquesta de Guitarras de Barcelona durante 10 anos.

O Flamenco é un dos estilos musicais máis recoñecidos fora das fronteiras do noso país, e tamén unha das músicas máis demandadas ós guitarristas españois no estranxeiro, posto que a súa interpretación require de gran pureza técnica, e dunha musicalidade de gran beleza.

 

Os obxectivos do obradoiro son:

  • Aplicación tanto das técnicas básica e avanzadas de rasgueos, golpes, arpexios, alzapuas, picados, etc…
  • Recoñecemento dos estilos básicos denominados “palos”
  • “Palos”:
    • Solea
    • Bulería
    • Alegrías
    • Tientos
    • Etc…

 

Os interesados deberán pasar pola Escola de Música Municipal, ou chamar para falar co mestre os vindeiros mércores 8 e 15 de febreiro entre as 18:30 e as 20:30.

Comments are closed.