17 abril 2012 ~ 0 Comments

Charla didáctica;como se fai unha película?

Xoves 19 de abril ás 17:30h na aula 1 da Escola de Música

A Caravana Vilamor é unha actividade dirixida principalmente a institutos pero tamén a outro tipo de centros de ensinanze. Trátase dunha charla gratuíta duns 40-50 min. aproximadamente, na que o público poderá coñecer da man do director Ignacio Vilar e dos tres actores protagonistas do filme (Rubén Riós, Xoel Yáñez e Sabela Arán) a historia de Vilamor, como se fai unha película así como a situación do mundo cinematográfico e audiovisual en Galicia, adaptándose neste caso á categoría do voso centro, falarán tamén da música no cine (banda sonora de Zeltia Montes).

PROGRAMACION:

1ª Intervención: Ignacion Vilar: como se fai unha película, proceso creativo dun filme.
2ª Rubén Riós: «por que estamos aquí?», experiencias previas e necesidade de poñer en valor  a cultura e a lingua galega a través do séptimo arte.
3º Xoel Yáñez: rodaxe Vilamor, historia. Que é Vilamor? Anécdotas da rodaxe.
4º Sabela Arán: experiencia persoal, rodaxe, historia da película.
5º Concurso enfocado ás redes sociais (últimos 5 minutos).
6º Rolda de preguntas.

Emitiríanse un pequeno video e o trailer da película, ambos de 50 segundos, durante a charla, polo que precisaríamos dun proxector se é posible.

Despois dunha gran acollida nos centros de Lugo, Vigo e Ourense, estamos preparando a chegada da caravana Vilamor (como ven na foto adxunta) ás demáis cidades. Agardo que o voso centro esté interesado en acoller a actividade. O xoves 19 de abril estréase en Pontevedra e o 20 en Vilagarcía e os protagonistas estarán percorrendo a cidade coa súa caravana.

Nota de prensa aquí

Comments are closed.