| A Escola Municipal de Música Bernardo del Río entra por vez primeira no xénero do musical co novo proxecto que se vai a estrear en Nadal. Douscentos cincuenta alumnos intervirán en “O Musical de Ana”, no que toda a comunidade educativa leva tres meses traballando.
“O Musical de Ana” é unha obra italiana, con música e libreto, que os profesores da Escola tiveron que encargarse de traducir e de realizar as adaptacións dos temas musicais ao nivel dos alumnos e dos instrumentos que se imparten na escola. Os educandos serán os únicos protagonistas, xa que ademais dos 17 que actúan como actores, con papel con letra e cancións, os demais encargaranse de interpretar a música en rigoroso directo.
Sinopse
O Musical de Ana conta a historia de Ana, unha nena que non fala, e que a través da súa relación coa música, aprende a expresarse, tanto falando como cantando e tocando un instrumentos. A historia conta as relacións de Ana cos seus compañeiros da escola, coa súa mellor amiga, e tamén coa súa peor inimiga.