«Trimestre do Compositor»
Os mestres da Escola de Música imos dedicar este trimestre ao xenial pianista e compositor Beethoven. Esto quere decir que tanto nas clases individuais como colectivas, interpretaranse pequenas pezas ou estudios (tamén fichas e audicións cos mais pequenos) compostos por este músico alemán tan relevante.
Como peche ao «Trimestre de Beethoven» haberá un concerto onde os alumnos interpretarán unha selección das mellores obras do repertorio deste pianista e compositor.
Ludwig van Beethoven
(Bonn, Alemania, 1770 – Viena, 1827) Compositor alemán. Nacido no seo dunha familia de orixe flamenca (Bélgica), o seu pai, ante as evidentes cualidades para a música que demostraba o pequeno Ludwig, intentou facer del un segundo Mozart, aínda que con escaso éxito.Beethoven foi un xenial compositor, director de orquesta e pianista alemán. O seu legado musical abrangue, cronológicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.