Comeza o curso 2013/14
A Escola de Música abre un prazo para cubrir 30 prazas dispoñibles para o curso 2013/14 A Escola Municipal de Música Bernardo del Río ultima estes día so inicio do novo curso escolar 2013/14 que está a piques de comezar. Tras o peche do período de matriculación, a dirección do centro abre un novo prazo par acubrir as vacantes que quedaron tanto no que se refire á materia de Música e Movemento como a diferentes especialidades instrumentais. As persoas interesadas deberán tramitar a matrícula na secretaría do centro do 9 ao 11 de setembro. |
![]()
Os interesados en cubrir algunha destas vacantes teñen que formalizar a súa matrícula, para o cal deberán dirixirse ás oficinas da Escola Bernardo del Río os días 9, 10 e 11 de setembro de 10 a 13 horas ou, en horario de tarde, o martes 10 de 17 a 20 horas. Presentacións e inicio de curso A presentación dos alumnos de 3 e 4 anos terá lugar o día 19 de setembro na»Sala de concertos» da escola de música ás 1900h. O día 20 farano os educandos de 5, 6 e 7 anos, tamén ás 19:00h. A totalidade do alumnado iniciará as clases oficialmente o luns, 23 de setembro xa cos seus horarios establecidos. |