Comezo do Curso 2013/14
Este xoves 19 de setembro ás 19:00h terá lugar na Sala de Concertos da Escola de Música a presentación para os de 3 e 4 anos. Nesta presentación os mestres falarán das novidades para os alumn@s de Iniciación á música (3 anos) e Música e Movemento (4 anos). Ó remate da presentación, os mestres realizarán un concerto de benvida representando “Un día no verán de Xián e Antía” (adaptación do proxecto orixinal da Escola de Música, que se converteu nun conto didáctico e que foi interpretado por parte dos mestre da Escola por 14 centros educativos de Infantil, Primaria, Garderías e Educación Especial do Concello de Vilagarcía).
O venres 20 de setembro, será a presentación dos alumn@s de Música e Movemento de 5, 6 e 7 anos, tamén ás 19:00h, onde se comentarán as novidades para este alumnado. Para rematar esta presentación, os mestres tamén realizarán un concerto sorpresa, onde poderán ver diferentes estilos de música, de forma amena e entretida.
Os 9 mestres da Escola Municipal de Música, ó longo deste este curso académico que vai comezar, impartirán clase a un total de 414 alumnos matriculados, o que supón un incremento de 40 matrículas, tendo como gran novidade a implantación por primeira vez neste centro da materia de Iniciación á Música para os nenos e nenas vilagarciáns de 3 anos. Destes 414 alumn@s, 206 serán os máis pequenos da escola de 3 a 7 anos, e os restantes 208 serán alumn@s que recibirán clase nas diferentes especialidades instrumentais a partir de 8 anos. Deste alumnado o 98% son nenos, nenas e adultos empadroados no concello de Vilagarcía.
Dende a Escola de Música queremos agradecer a confianza que sempre sentimos por parte dos pais, nais e usuarios desta vosa Escola, que pese á crise que nos toca vivir, segue sendo a segunda escola en número de matrículas de Galicia, e a primeira en número de alumn@s/matrículas por mestre.
Grazas a todos, e ¡¡¡QUE SONE A MÚSICA!!!