Comezo das clases
As clases darán comezo o vindeiro luns 22 de setembro, xa cada alumno/a na súa hora de clase, coa duración total da mesma.
No caso dos grupos de Música e Movemento (4 a 7 anos) e Iniciación á Música (3 anos), tamén comezarán a semana do 22 de setembro, tamén a clase completa. Antes de comezar a clase, farase unha pequena reunión de 10 minutos aproximadamente cos papás/mamás, onde presentaremos as novidades para estes alumnos, así como as pautas a seguir durante o curso e festivais.