3°Festival de Danzas do Mundo
A Escola Municipal de Música de Vilagarcía organiza por terceiro ano consecutivo o «Festival de Danzas do Mundo» que protagonizan os educandos do ciclo de Música e Movemento.
O festival divídese en dúas sesións. A primeira celebrarase hoxe, xoves 12, ás 19:30 horas na Sala de Concertos do centro e os protagonistas serán os alumnos de 4 anos de idade.
Na do venres, no mesmo lugar e á mesma hora, intervirán os nenos e nenas de 5 anos. E como novidade, os máis cativos da Escola, os alumnos de 3 anos, terán unha función propia o venres ás 18:00 horas. A entrada é libre e de balde.
No festival representarase unha selección de danzas de todo o mundo, que os nenos e nenas interpretarán en función da dificultade das coreografías e acorde aos seus respectivos niveis de formaición. Os temas foron escollidos polos mestres de Música e Movemento, logo dun longo traballo de investigación para ser o máis respectuosos posible coas danzas orixinais.