Novas na Web do Concello
Os centros de ensino musical do Concello formarán este curso a 540 alumnos
As ensinanzas musicais no Concello de Vilagarcía seguen estando moi demandadas entre os vilagarciás, como demostran, un ano máis, o elevado número de alumnos matriculados nos centros municipais. En total, no vindeiro curso 2016/17 serán un total de 540 alumnos os que reciban formación musical na Escola Municipal de Música e o Conservatorio, ámbalas dúas dependentes do Concello. |
![]() Pola súa banda, O Conservatorio Profesional de Música é un centro de ensinanza regrada que está destinado a alumnos que xa teñen coñecementos musicais e que buscan unha formación orientada á faceta profesional, de aí que para acceder a el os aspirantes teñan que superar unhas probas de acceso para comprobar que reúnen o nivel mínimo esixible para cada grao ou curso. O centro con sede no Auditorio Municipal contará este ano cun total de 126 alumnos dos que 56 cursarán as ensinanzas do Grao Elemental e os 70 restantes do grao Profesional. En émbolos dous graos impártense 12 especialidades instrumentais. |