Solicitude de praza Curso 2019/20
Do 23 ao 26 de abril: información e entrega de impresos de solicitude nas oficinas da escola.
Tamén poderanse descargar da páxina web www.emmusicavilagarcia.com, así como da sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, sede.vilagarcia.gal
- Do 29 de abril ao 3 de maio: entrega dos impresos cubertos na secretaría do centro. Tamén se poden enviar a través da dirección de correo electrónico escolamusica@vilagarcia.gal
- No caso de haber máis solicitudes que vacantes, a prioridade será a seguinte:
- Solicitantes con familiares directos matriculados no centro (irmáns, nai ou pai)
- A letra de corte para os apelidos, establecida anualmente pola Xunta de Galicia segundo a Orde do 12 de marzo de 2013, DOGA 15 marzo pola que se regula a admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
- Para o curso 2019/2020 corresponden as letras “E” e “C” (para o primeiro apelido), e “U” e “P” (para o segundo apelido).
- Poderase solicitar praza para as seguintes materias:
Alumnado nado en: | Grupo correspondente: |
2016 | Iniciación á Musica 3 anos |
2015 | Música e Movemento 4 anos |
2014 | Música e Movemento 5 anos |
2013 | Música e Movemento 6 anos |
2012 | Música e Movemento 7 anos |
Para alumnado nado no ano 2011 ou antes (non hai límite de idade), teñen a opción de matricularse nas seguintes especialidades instrumentais:
- Instrumentos de corda: piano, guitarra (clásica e eléctrica), baixo eléctrico, violín, viola, violoncello e contrabaixo.
- Instrumentos de vento-madeira: saxofón, clarinete e frauta traveseira
- Instrumentos de vento-metal: trompeta, trompa, trombón e bombardino (tuba)
- Instrumentos de percusión: batería, timbais, láminas e multipercusión
Todas as solicitudes que non obteñan praza, quedarán automaticamente na listaxe de espera, podendo cubrir posibles baixas que se produzan ao longo do primeiro trimestre do curso.