08 junio 2020 ~ 0 Comments

Matrícula alumnado novo ingreso

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ALUMNADO DE NOVO INGRESO

8 de xuño: publicación da listaxe de alumnos/as admitidos/as, no taboleiro de anuncios do centro, páxina web www.emmusicavilagarcia.com e na sede.vilagarcia.gal

10 ao 12 de xuño: matrícula na secretaría da Escola de Música, do alumnado que obtivo praza.

Mércores 10 e Venres 12, horario de mañán de 10:00 a 13:30h.

Xoves 11, horario de tarde de 16:00 a 20:00h.

NOTA: As solicitudes que non obteñan praza, quedarán automaticamente na listaxe de espera, pudendo cubrir posibles baixas que se produzan ao longo do primeiro trimestre do curso.

Documentación a achegar:
– Matrícula debidamente cumprimentada no modelo destinado a ese fin.

 Poderase descargar dende a páxina web www.emmusicavilagarcia.com ou recoller nas oficinas do centro. No caso de alumnado menor de idade o impreso  deberá ser cuberto e asinado pola nai, pai ou titor/a.

– Fotocopia do DNI ou NIE do alumno/a maior de idade, ou da nai – pai – titor/a.
– Certificación bancaria onde conste o número de conta e o nome do titular da mesma, a través da cal se domiciliarán os recibos pola utilización da Escola Municipal de Música. Tamén é válida unha fotocopia da cartilla do banco, onde figuren ditos datos.

Comments are closed.