11 septiembre 2022 ~ 0 Comments

Comezo do Curso 2022-2023

Estimadas familias,

Estamos de volta un novo curso, as clases comezan o luns 12 de setembro.

O acceso dos grupos de Música e Movemento será pola porta traseira,o resto do alumnado das distintas especialidades instrumentais entrarán pola porta principal. Para o correcto funcionamento do centro rógase a máxima puntualidade nos momentos de entrega e recollida do alumnado.

O primeiro día de clase, haberá unha pequena reunión coas familias do alumnado de Música e Movemento para falar do desenvolvemento das clases e dos materiais necesarios.

Estaremos na secretaría de luns a venres en horario de mañá de 10:00 a 13:30h. para atender calquera consulta ou información que precisedes.

Benvidos!!!

Comments are closed.