03 mayo 2023 ~ 0 Comments

Programa «Clasclás a pé de rúa» 2023

#VGA_Educación 🎼 A VI edición do ✨Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa, clasclás✨ foi presentada esta mañá polo alcalde, Alberto Varela, e a directora técnica do festival, Rosina Sobrido, acto ao que tamén asistiron o concelleiro de Educación, Miro Serén, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, o director da Escola Municipal de Música Bernardo del Río, Alberto Estévez, e José Luis Sanz, presidente da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía.
🔸 Este ano poderemos gozar cos concertos do ✨Guarneri Trio Prague, o ✨Cuarteto Quiroga, ✨La Ritirata, ✨Marek Kozák e ✨Cello Republic, no Auditorio Municipal, de balde e co ✨Azahar Ensemble, polo prezo de 23€, no Pazo da Golpelleira.
🎼 Ademais o clasclás inclúe un programa de masterclasses dos artistas ao alumnado do Conservatorio de Vilagarcía e de outros centros galegos, e desfrutaremos un ano máis do «clasclás a pé de rúa», da man do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música da nosa cidade.
🎼 O Programa Social e Comunitario, xa tradicional no festival, achegará a música clásica a 400 persoas con capacidades diferentes de asociacións procedentes da comarca a través dun concerto da Orquestra do Conservatorio de Vilagarcía.
📌 Do 26 de xuño ao 1 de xullo.
🎟 Reserva xa a túa entrada en http://www.clasclas.com

 

Comments are closed.