30 mayo 2023 ~ 0 Comments

Actividades fin de curso 2023

Unha vez rematado o período de matriculación cara o vindeiro curso académico, onde se presentaron un total de oitenta novas solicitudes, a Escola Municipal de Música de Vilagarcía continúa coa programación de actividades para este último trimestre do curso 2022/2023.

A semana do 5 ao 9 de xuño, estará dedicada aos festivais do alumnado de Música e Movemento de 3 a 7 anos. Do 15 ao 19 de xuño será o momento das audicións instrumentais, onde o alumnado das distintas especialidades ofreceranos o mellor do seu repertorio nos diversos estilos, clásico ou moderno. Os festivais e audicións terán lugar na sala de concertos da escola de música coa entrada libre ata completar o aforo.

Luns 19 de xuño, “Concerto de Solistas” e o martes 20 de xuño está programado o “Concerto de agrupacións”,coa entrega dos diplomas a todos aqueles alumnos que rematan o ciclo de Música e Movemento. Ambos os concertos serán no Auditorio Municipal ás 19:30h. coa entrada libre ata completar capacidade.

Outro ano máis, a Escola de Música participará no “Clasclás Festival” na súa na VI edición, cunha nova programación do “Clasclas a pé de rúa”. Os alumnos do noso centro, xunto co alumnado do conservatorio sairán á rúa para ofrecer unha selección do repertorio moi variada para o goce de todos os veciños e visitantes. Estes concertos levaranse a cabo os días 24 e 25 de xuño en distintos emprazamentos do centro da cidade. 

 

 

Comments are closed.