Admisión de alumnado curso 2024-2025
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN
–Do 22 ao 30 de abril: Os impresos de solicitude de praza poderanse descargar da páxina web www.emmusicavilagarcia.com, así como da sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, sede.vilagarcia.gal (formularios de solicitude 13001). Na medida do posible, recomendase realizar a presentación das solicitudes vía telemática no seguinte correo: escolamusica@vilagarcia.gal.
Para os interesados que non dispoñan de medios telemáticos, poderán achegar a documentación na secretaría da Escola de Música de 10:00 a 13:30h.
– No caso de haber máis solicitudes que vacantes, a prioridade será a seguinte:
- Solicitantes con familiares directos matriculados no centro (irmáns, nai ou pai)
- Empadroados en Vilagarcía de Arousa
- A letra de corte para os apelidos obtida mediante sorteo público.
– Poderase solicitar praza para as seguintes materias:
Alumnado nado en: Grupo correspondente:
2021 – Iniciación á Musica
2020 – Música e Movemento 4 anos
2019 – Música e Movemento 5 anos
2018 – Música e Movemento 6 anos
2017 – Música e Movemento 7 anos
Os interesados de 8 anos en diante, teñen a opción de solicitar praza nas seguintes especialidades:
-Instrumentos de corda: piano, guitarra (clásica e eléctrica), baixo eléctrico, violín, viola, violoncello e contrabaixo.
-Instrumentos de vento-madeira: saxofón, clarinete e frauta traveseira
-Instrumentos de vento-metal: trompeta, trompa, trombón e bombardino (tuba)
-Instrumentos de percusión: batería, timbais, láminas e multipercusión.
-Linguaxe musical adultos e agrupacións instrumentais (banda infantil,combo moderno,ensamble mixto, sinfonietta, etc.)
-Análise e acompañamento, informática musical, combo rock, etc.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ALUMNADO DE NOVO INGRESO
– 13 de maio: publicación da listaxe de alumnos/as admitidos/as, no taboleiro de anuncios do centro ou na páxina web www.emmusicavilagarcia.com
– 14 ao 16 de maio: matrícula na secretaría da Escola de Música, do alumnado que obtivo praza.
-NOTA: As solicitudes que non obteñan praza, quedarán automaticamente na listaxe de espera, pudendo cubrir posibles baixas que se produzan ao longo do primeiro trimestre do curso.
Documentación a achegar:
– Matrícula debidamente cumprimentada no modelo destinado a ese fin.
Poderase descargar dende a páxina web www.emmusicavilagarcia.com ou recoller na secretaría do centro. No caso de alumnado menor de idade o impreso deberá ser cuberto e asinado pola nai, pai ou titor/a.
– Fotocopia do DNI ou NIE do alumno/a maior de idade, ou da nai – pai – titor/a.
– Certificación bancaria onde conste o número de conta e o nome do titular da mesma, a través da cal se domiciliarán os recibos pola utilización da Escola Municipal de Música. Tamén é válida unha fotocopia da cartilla do banco, onde figuren ditos datos.