06 septiembre 2024 ~ 0 Comments

Prazo extraordinario de matrícula 24-25

A Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” de Vilagarcía abre o prazo para completar as prazas vacantes para o curso 2024/2025. Estas son as especialidades que aínda presentan prazas vacantes:

Música e Movemento 5 anos (3 prazas), Música e Movemento 6 anos (6 prazas).

Vento Madeira (4 prazas),Vento Metal (4 prazas)

Combo Moderno e Agrupación instrumental, Informática Musical e Linguaxe Musical Adultos.

As materias instrumentais son só para alumnos/as a partir de oito anos .

A matrícula deberá formalizarse na secretaría da Escola de Música o luns 9 en horario de mañán (10:00 a 13.30h.) e de tarde (16:00 a 20:00h.) e o martes 10 de setembro de 16:00 a 20:00h.

O impreso pódese descargar dende a web do centro https://www.emmusicavilagarcia.com .Tamén se pode achegar a documentación a través da dirección de correo electrónico escolamusica@vilagarcia.gal

*A documentación a presentar e a seguinte: documento que acredite o número de conta bancaria (IBAN) e o DNI do titular de dita conta.

O 18 de setembro haberá un acto de presentación do curso académico no Salón García ás 19:00h. e ás clases comezan o xoves 19.

Comments are closed.