Nova imaxe,novos retos
A Escola de Música estrea nova imaxe á espera de poder retellar o edificio Os alumnos da Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” retomaron o luns 10 as súas clases nunhas instalacións remozadas. Por iniciativa da concelleira de Educación, Susana Camiño, e o xerente do centro, Jesús Nogueira, foron realizadas reformas na carpintería, solos e paredes. Quedan agora por reformar teitos, tellado e fiestras. |
Tanto Camiño coma Nogueira e mesmo o presidente da asociación de pais e nais, Carlos Güimil, felicitaron públicamente aos operarios de Obras do Concello, polo magnífico traballo feito e nun tempo récord, de xeito que as actuacións interferisen o menos posible o desenvolvemento normal das clases e mesmo chegar á volta de vacacións con todos os traballos feitos.A partir de agora, o fundamental a realizar nos vindeiros meses a reforma do tellado (pendente de que paren as chuvias durante uns días), a substitución dos falsos teitos, mellorando así a insonoridade, e das fiestras; neste último caso, será necesario solicitar permiso de Patrimonio, pois o edificio está catalogado.Outro dos proxectos da Concellería de Educación e da dirección do centro e mellorar a accesibilidade, a través dunha rampla na parte posterior do edificio e tamén nesta crear un “patio musical” onde os rapaces e rapazas ofrecerán concertos a partir da primavera.
O presidente de Atril, Carlos Güimil, definiu o realizado como “unha obra menor” pero agradeceu a implicación de Susana Camiño para mellorar as instalacións, como viña solicitando insistentemente os pais e nais de alumnos. |