02 marzo 2011 ~ 0 Comments

Proxecto de substitución das fiestras

A concelleira de Educación, Susana Camiño, mantivo onte ao mediodía en Pontevedra, unha entrevista co vicepresidente da Deputación e delegado de Cultura, José Juan Durán, co obxecto de solicitar a colaboración económica do organismo provincial no proxecto de substitución das fiestras do edificio da Escola Municipal de Música. A edil regresou moi satisfeita do encontro, tanto por ter obtivo o compromiso de colaboración por parte de Durán, como polo bo trato que este lles dispensou e súa receptividade á demanda vilagarcián.

01.03.2011 – A concelleira desprazouse a Pontevedra acompañada do xerente da Escola de Música, Jesús Nogueira, e do presidente da asociación de pais e nais “Atril”, Carlos Güimil. Segundo comentou Camiño, o vicepresidente da Deputación comparte con eles a urxente necesidade de substituír as fiestras do edificio do Ramal, dado o precario estado na que se encontran os actuais elementos de madeira, astelados, con risco de desprendemento dos vidros, e que deixan filtrar a auga e o frío. A isto hai que engadir o elevado uso do centro no que están matriculados 500 alumnos.

Mais información na web do concello  http://www.ivilagarcia.com/

Comments are closed.