Prazas vacantes,instrumentos vento e corda
A Escola Municipal de Música dispón de 11 prazas libres para instrumentos de vento e unha para violín.
Vilagarcía, 15 novembro de 2011.- As persoas interesadas en aprender a tocar un instrumento musical aínda están en disposición de facelo a través das prazas que quedaron sen cubrir na Escola Municipal de Música tras rematar o prazo de matriculación do presente curso. A día de hoxe o centro Bernardo del Río dispón dunha bolsa de 11 vacantes en diferentes instrumentos de vento e dunha praza para violín.
No que se refire ás familia de instrumentos de vento, quedan libres dúas prazas de frauta, dúas de trompa, unha de trompeta, dúas de trombón, dúas de clarinete e outras dúas de saxo (alto-tenor). Na familia de corda hai só unha vacante, a xa mencionada de violín.
As persoas interesadas en matricularse nalgunha destas especialidades, ben sexan nenos ou adultos, deben dirixirse ás oficinas da Escola Municipal de Música, situadas na antiga escola do Ramal para tramitar a súa solicitude de ingreso.