Obradoiro de Guitarra Flamenca
OBRADOIRO DE GUITARRA FLAMENCA
Dende a Escola de Música Municipal queremos fomentar a formación complementaria de guitarristas, xa sexan profesionais, semiprofesionais ou amateurs, para que teñan unha visión máis ampla do seu instrumento, por iso o mestre de guitarra Xosé Piñeiro pon en marcha un novo obradoiro orientado ó coñecemento do Flamenco.
O mestre Xosé Piñeiro é licenciado en guitarra clásica polo Conservatorio do Liceo de Barcelona, onde tamén cursou o nivel superior de Flamenco no citado Conservatorio co mestre concertista e pedagogo Manuel Granados. Ademais formou parte da Orquesta de Guitarras de Barcelona durante 10 anos.
O Flamenco é un dos estilos musicais máis recoñecidos fora das fronteiras do noso país, e tamén unha das músicas máis demandadas ós guitarristas españois no estranxeiro, posto que a súa interpretación require de gran pureza técnica, e dunha musicalidade de gran beleza.
Os obxectivos do obradoiro son:
- Aplicación tanto das técnicas básica e avanzadas de rasgueos, golpes, arpexios, alzapuas, picados, etc…
- Recoñecemento dos estilos básicos denominados “palos”
- “Palos”:
- Solea
- Bulería
- Alegrías
- Tientos
- Etc…
Os interesados deberán pasar pola Escola de Música Municipal, ou chamar para falar co mestre os vindeiros mércores 8 e 15 de febreiro entre as 18:30 e as 20:30.